Un ano sen ti...

Hai algo máis dun ano, quedamos sen todo un amigo. Un rapaz que estaba nos bos e nos malos momentos. Agora cando estás camiñando pola vida, dáste conta que el non segue contigo o teu carón. E iso é duro. Moi duro. Non nos imaxinabamos que ía pasar nunca unha cousa coma este. Pero pasan. E sempre ós mellores. As boas persoas, que están cun sorriso dende primeira hora da mañá... Cun sorriso... Sempre cun sorriso. Así é como o lembro...
A continuación, coloco unha ligazón a unha carta que os seus irmáns escribiron con toda a súa paixón e agarimo. Sei que non hai ninguén millor que eles para expresar os nosos sentimentos. Dos teus irmáns, Óscar, permítome adxuntar ese precioso escrito.
É incrible comprobar como as cousas poden cambiar dun día para outro, nun minuto, nun segundo. Pensamos que todas as pezas están no seu sitio, preocupándonos por asentar perfectamente as máis pequenas, as máis insignificantes, cando, sen darnos conta, rómpese a que suxeita todas as demais.
Transcorreu un ano da nosa nova vida. Una vida amarga, cruel, de ollos chorosos e bágoas perdidas que sempre se empeñan en regresar. Unha vida na que, non sen esforzo, tratamos de esbozar un sorriso ante os recordos que nos asaltan a cada intre.
Fai un ano, o noso irmán foise sen poder dicirnos adeus.
A cada paso que damos, tratamos de senti-la súa presenza, desexando que nos guie por uns camiños que agora apenas teñen sentido. Avanzamos con dificultade, tentando atrapar e reter na memoria o recordo dos seus ollos, da súa alegría, de todo aquelo que gardaba no corazón. No corazón máis grande que chegamos a coñecer. E así, pensando nel, todo se dilúe, paran as horas, e notamos, sen querelo, que a súa ausencia nos mata.
No mesmo lugar en que hoxe o recordamos, antes viñemos a despedilo, aferrándonos á necesidade de que esa despedida non sexa definitiva, de que un día nos agarde, coa man estendida, para recuperar todo o tempo que o destino quixo arrebatarnos.
Aínda estou convencido de que hai esperanza. A veces crémola infundada, a veces baldía, pero é esperanza ó fin e o cabo.
E é que, alá onde estea, é feliz. E fai felices a todos os que disfrutan da súa compaña, da mesma maneira que nos facía felices a nós.
Sei que moitos expresarían o que sinten coas mesmas palabras que nós utilizamos hoxe. Pois que ninguén dubide en dicilas, el escoitanos.
Oscar, querémosche e botámosche de menos.
Sergio e Fátima
1 comentario
Anónimo -
Querémoste